Ir o contido principal

Cruz Relicario de Marfil

Cruz Relicario de Marfil
Autor
Localización
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
1605
Descrición

Imaxe de Cristo crucificado de tres clavos, realizada en marfil s sobre cruz de ébano. A imaxe do Salvador está realizada a partir de tres pezas de marfil: unha para o corpo e outras dúas para os brazos. Esta demostra un coidado estudo anatómico, aspecto que se fai visible en detalles como a estructura do torso, as articulacións das extremidades superiores e inferiores ou as veas. Destaca tamén o minucioso traballo levado a cabo no rostro e os cabelos. O artista logra captar a Xesucristo no instante preciso en que eleva a mirada cara o ceo, ca boca entreaberta, nunha imaxe que conxuga sabiamente a dor do martirio coa preceptiva contención e serenidade que require o tema. 

Outro aspecto destacable é a cartela de marfil que coroa a peza. Neste titulus pódese ler a lenda “Xesús de Nazaret, rei dos xudeus” en hebreo, grego e latín, respectivamente; nesta última mediante o seu acrónimo: «INRI». 

Polo demáis, a cruz esta realizada en madeira de ébano e esta rematada con unas cantoneiras en bronce sobredourado. Esta conta ademáis cun fileteado de prata que recorre o borde da peza (Chamoso Lamas e Casamar, 1980: 167). 

En canto á peana, esta conta con once tecas destinadas a albergar distintas reliquias. Neste corpo inferior é posible observar pezas de diversa natureza, o que falaría dalgunhas intervencións de reparación nesta parte da obra. 

Por último, a escultura de marfil posúe unha inscripción na parte posterior do pano de pureza, a cal contén a data de realización: «C A G 1605». Polo demáis, carece da correspondente coroa de espiñas e dalgúns dedos de mans e pés (Chamoso Lamas e Casamar, 1980: 198). 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia. 
Material
Marfil
Ébano
Técnica
Tallado
Fundido
Moldeado
Ensamblado