Ir o contido principal

Custodia Castelá

Custodia Castelá
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
s. XVII (primeira metade)
Descrición

Custodia tipo sol e pé circular realizada en bronce sobredourado e decorada con xoias e esmaltes. Trátase dunha peza realizada por algún obradoiro castelán cara á primeira metade do século XVII, e que, nun primeiro momento, só mostraba unha decoración a base de esmaltes e pedrería.

No tocante a súa estrutura, esta apóiase sobre un pé circular e ten un nó alongado con forma que lembra á dun xarrón. Na parte superior, un viril de cristal contén a correspondente media lúa no seu interior. O sol está coroado por unha gran cruz con cristais engastados.

Nun momento posterior, fóronlle engadidas numerosas xoias procedentes dun vestido, probablemente pertencente a D.ª Catalina de la Cerda y Sandoval, as cales lle outorgan un aspecto orixinal ao conxunto. Con respecto a estes vistosos elementos, combínanse pezas de pedrería, alxofre, coral e cristais, con predominio de tons nacarados e arroibados. O resultado é unha peza deslumbrante, de gran beleza e orixinalidade.

 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. e Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (1987). La platería en Monforte de Lemos. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Bronce
Coral
Pedrería
Esmaltes
Xoias pequenas
Alxofre
Técnica
Fundido
Moldeado
Cincelado
Repuxado
Sobredourado